saltar ao contido

O presidente do Parlamento recibe a unha delegación da Fundación Secretariado Xitano

 
 
• Seguiron a lectura dunha declaración institucional do Parlamento sobre o Día Internacional do Pobo Xitano desde a tribuna de convidados do Hemiciclo

Santiago, 4 de abril de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta tarde, no seu despacho, a unha delegación da Fundación Secretariado Gitano, minutos antes de dar lectura a unha declaración institucional da Cámara con motivo da celebración, o vindeiro 8 de abril, do Día Internacional do Pobo Xitano.
 
Os integrantes da delegación da Fundación Secretariado Gitano seguiron a lectura da declaración institucional desde a tribuna de público do Hemiciclo. De seguido, efectuaron unha visita guiada á sede do poder lexislativo galego.
 
Para acceder á declaración institucional, preme aquí: https://goo.gl/gBAfg6
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina