saltar ao contido

Acordos da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 16 de marzo de 2017

 
A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 16 de marzo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 5061 (10/PNC-000482)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da modificación do Real decreto 1049/2003, polo que se aproba a norma de calidade relativa ao mel, co fin de permitirlles aos apicultores galegos a diferenciación das súas producións fronte ás doutros países, así como aos consumidores a orixe clara dos meles
BOPG n.º 70, do 21.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12
deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á  Xunta de Galicia para que:
 
. Inste ao Goberno de España a modificar os Reais Decretos 1049/2003, do 1 de agosto, polo que se aproba a norma de calidade relativa ao mel, e o 473/2015, do 12 de xuño, polo que se modifica o anterior, para introducir un cambio normativo que permita aos consumidores e consumidoras coñecer os países de orixe dos meles envasados en España no caso da comercialización de mesturas de meles de distintos países de orixe.
 
. Impulsar a promoción do mel producido ao amparo da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia".
 
- 5445 (10/PNC-000520)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para impulsar e incentivar a creación en Galicia de centros especializados na recría de xovencas de leite, así como a posta en marcha de cursos de formación específicos para a súa realización nas explotacións
BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a deseñar e reforzar a formación específica para os gandeiros e gandeiras así como o persoal asalariado que desexen facer a recría nas súas explotacións combinando dita formación coa facilitación aos produtores que o soliciten do manual sobre a "Cría e Recría de Xovencas frisonas para a producción de leite e de xovencas de razas autóctonas".
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 2257 (10/PNC-000232)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego de liñas de axuda para lles posibilitar ás comunidades de montes veciñais en man común a súa dotación de plans de ordenación forestal e do selo de certificación forestal
BOPG n.º 32, do 21.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ó Goberno galego a sacar de inmediato liñas de axudas para que as comunidades de montes veciñais en man común, se poidan dotar de planos de ordenación forestal e do selo de certificación forestal".
 
- 5074 (10/PNC-000484)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis
Sobre o establecemento pola Xunta de Galicia dunha liña de axudas destinada ao sufraxio do custo da delimitación dos lindeiros dos montes veciñais en man común
BOPG n.º 70, do 21.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que estableza una liña de axuda para que os montes veciñais en man común poidan sufragar o custo dos deslindes".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina