A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 3 de marzo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 4392 (10/PNC-000413)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para impulsar o software libre na Administración local
BOPG n.º 62, do 08.02.2017
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1.- Favorecer que todos os concellos de Galicia posúan o software libre.
2.- Impulsar a colaboración e formación a través da oficina software libre Amtega para potenciar a implantación e uso do software libre nas entidades locais de Galicia."