A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 7 de marzo de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de febreiro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Texto lexislativo
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, dos GG.PP. Popular de Galicia, de En Marea, dos Socialistas de Galicia e do Bloque Nacionalista Galego, orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 3669, 10/PPLC-000002)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
Punto 2. Comparecencias en pleno
2.1 1133 (10/CPP-000004)
Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
2.2 1135 (10/CPP-000006)
Do Sr. conselleiro de Política Social, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
Punto 3. Mocións
3.1 5662 (10/MOC-000017)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para afrontar os problemas relacionados coa violencia no deporte. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 4095, publicada no BOPG n.º 57, do 01.02.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.02.2017)
3.2 5680 (10/MOC-000018)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co desenvolvemento do Pacto local. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 1510, publicada no BOPG n.º 21, do 29.11.2016, e debatida na sesión plenaria do 21.02.2017)
Punto 4. Proposicións non de lei en Pleno
4.1 694 (10/PNP-000046)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto do establecemento dun marco de relacións laborais e negociación colectiva
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
4.2 1347 (10/PNP-000123)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de analizar e consensuar todos os aspectos da adscrición dos centros das ensinanzas artísticas superiores ás universidades mediante convenio, así como posibilitar a súa incorporación ao Sistema universitario galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
4.3 2514 (10/PNP-000237)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 14 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Consello Galego de Pesca para a elaboración dun informe bianual destinado a mellorar a competitividade e sustentabilidade do sector pesqueiro
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
4.4 3696 (10/PNP-000306)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Villares Naveira, Luis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Ministerio de Xustiza do incremento da planta do Ministerio Fiscal en Galicia, así como á Fiscalía Xeral do Estado da designación dun fiscal anticorrupción exclusivo para a comunidade autónoma
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
4.5 4321 (10/PNP-000355)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo para o desenvolvemento en Galicia do Real decreto 575/2014, polo que se establecen as bases reguladoras das axudas para o impulso económico das comarcas mineiras do carbón, mediante o desenvolvemento de proxectos de infraestruturas e de restauración de zonas degradadas a causa da actividade mineira
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 62, do 08.02.2017
4.6 5105 (10/PNP-000425)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para darlle continuidade á autovía da Costa da Morte
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
4.7 5123 (10/PNP-000428)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co acordo parlamentario referido á apertura dunha mesa de diálogo entre a patronal e os sindicatos, coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, para adoptar acordos que permitan a recuperación dos salarios ata acadar a media estatal e acadar a igualdade salarial efectiva entre homes e mulleres para o ano 2020, así como dar resposta ás necesidades de conciliación entre a vida laboral e familiar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
4.8 5245 (10/PNP-000440)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
Punto 5. Interpelacións
5.1 2080 (10/INT-000083)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa Olalla e 5 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co sector da automoción
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28, do 14.12.2016
5.2 4113 (10/INT-000151)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación co peche da venda ao público de billetes e do servizo de atención ao viaxeiro en diversas estacións de ferrocarril
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 57, do 01.02.2017
5.3 4594 (10/INT-000175)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a política sanitaria na área de saúde de Pontevedra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 67, do 16.02.2017
5.4 5139 (10/INT-000196)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en materia de igualdade no traballo entre mulleres e homes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 5695 (10/POPX-000019)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a evolución da condición da muller en Galicia durante os mandatos do actual presidente da Xunta de Galicia
6.2 5740 (10/POPX-000020)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia para frear o retroceso nas políticas de igualdade de xénero
6.3 5774 (10/POPX-000021)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre as medidas elaboradas pola Xunta de Galicia para que os homes se involucren activamente na igualdade
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 5205 (10/POP-000668)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis
Sobre a asistencia dunha persoa inhabilitada para o exercicio de cargos públicos á reunión levada a cabo pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense coa alcaldesa de Melón na sede oficial desa delegación para tratar asuntos institucionais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
7.2 5678 (10/PUP-000059)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 4 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da aprobación da oferta de emprego público do ano 2017
7.3 4808 (10/POP-000620)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis
Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para a aprobación do novo plan de xestión do lobo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 67, do 16.02.2017
7.4 2660 (10/POP-000250)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre a execución pola Xunta de Galicia da estación intermodal no concello de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
7.5 4813 (10/POP-000621)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da posta en marcha dun plan de reactivación de emprego na comarca de Ordes para as mulleres que traballaron nas empresas de confección e que están desempregadas na actualidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 67, do 16.02.2017
7.6 5590 (10/PUP-000061)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as previsións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto do mantemento da oferta pública de emprego anunciada para o ensino no ano 2017
7.7 5773 (10/PUP-000062)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre a data prevista pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a convocatoria das oposicións anunciadas no ensino público para o ano 2017
7.8 3581 (10/POP-000418)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 5 máis
Sobre a actividade levada a cabo no eido dos transplantes en Galicia no ano 2016
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
7.9 5095 (10/POP-000655)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre a situación do proceso de ampliación do Hospital de Montecelo, en Pontevedra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
7.10 5220 (10/POP-000670)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a garantía do cumprimento de todos os requisitos legais no concurso da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para a adxudicación do servizo de transporte sanitario urxente
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente