A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 21 de febreiro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de febreiro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Solicitude de creación de comisión de investigación
A proposta dos grupos parlamentarios de En Marea e do Bloque Nacionalista Galego, sobre as causas do accidente ferroviario de Angrois, así como sobre as condicións de seguridade na rede ferroviaria de alta velocidade en Galicia (doc. núm. 4229, 10/SCI-000003).
Publicación da solicitude de creación, BOPG n.º 58, do 02.02.2017
Punto 2. Comparecencias
2.1 1132 (10/CPP-000003)
Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
2.2 1134 (10/CPP-000005)
Do Sr. conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
Acumúlase na anterior a seguinte:
2.3 4878 (10/CPP-000015)
Do Sr. conselleiro de Sanidade, por petición dos GG.PP. de En Marea, dos Socialistas de Galicia e do Bloque Nacionalista Galego, para dar conta dos feitos producidos na Unidade Psiquiátrica do Hospital de Conxo
Punto 3. Mocións
3.1 4879 (10/MOC-000014)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e a actuación que debe levar a cabo en relación coas dificultades das familias para o pagamento do recibo da luz. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 3797, publicada no BOPG n.º 53, do 26.01.2017, e debatida na sesión plenaria do 07.02.2017)
3.2 4883 (10/MOC-000015)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación coa pobreza enerxética. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 1318, publicada no BOPG n.º 21, do 29.11.2016, e debatida na sesión plenaria do 07.02.2017)
3.3 4903 (10/MOC-000016)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de emprego público. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 1429, publicada no BOPG n.º 21, do 29.11.2016, e debatida na sesión plenaria do 07.02.2017)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 353 (10/PNP-000002)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e Toja Suárez, María Dolores
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas intencións da empresa Ferroatlántica de segregar as súas actividades de produción de enerxía eléctrica e de ferroaliaxes, así como a venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 6, do 03.11.2016
4.2 1846 (10/PNP-000178)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 8 máis
Sobre a elaboración polo Goberno galego, coa participación do Consello de Acción Exterior de Galicia, dun informe respecto do posible impacto do "Brexit" na economía galega e nos seus sectores produtivos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
4.3 2506 (10/PNP-000233)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia destinadas a consolidar o recurso das casas niño
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
4.4 3051 (10/PNP-000268)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas sentenzas ditadas polo Tribunal Supremo en decembro de 2016 referidas ás taxas municipais por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 48, do 19.01.2017
4.5 3765 (10/PNP-000309)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a aplicación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
4.6 4209 (10/PNP-000345)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a apertura polo Goberno galego dunha mesa de negociación coas organizacións sindicais do eido sanitario para recuperar os acordos acadados no ano 2008 en relación coas condicións laborais e retributivas do persoal do Sergas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 62, do 08.02.2017
4.7 4271 (10/PNP-000348)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de desbloquear a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 62, do 08.02.2017
4.8 4411 (10/PNP-000363)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa decisión da Dirección Xeral de Tributos, do Ministerio de Facenda, de suprimir a exención do IVE para os servizos que prestan as e os profesionais da avogacía e procuradoría adscritos á quenda de oficio
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 62, do 08.02.2017
Punto 5. Interpelacións
5.1 1510 (10/INT-000060)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre os compromisos asumidos polo Goberno galego no Pacto local
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
5.2 4095 (10/INT-000148)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre as actuacións da Xunta de Galicia para afrontar problemas relacionados coa violencia no deporte
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 57, do 01.02.2017
5.3 4113 (10/INT-000151)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación co peche da venda ao público de billetes e do servizo de atención ao viaxeiro en diversas estacións de ferrocarril
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 57, do 01.02.2017
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 4945 (10/POPX-000016)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación co anuncio da consolidación da venda pola empresa Ferroatlántica das centrais hidroeléctricas no río Xallas e a súa posible incidencia no emprego da Costa da Morte
6.2 4991 (10/POPX-000017)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a avaliación dos efectos da situación laboral no Sergas na asistencia sanitaria
6.3 5086 (10/POPX-000018)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre o sufrimento que están a provocar os recortes en materia sanitaria
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 2660 (10/POP-000250)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre a execución pola Xunta de Galicia da estación intermodal no concello de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
7.2 4269 (10/POP-000539)
Grupo Parlamentario de En Marea
Lago Peñas, José Manuel e 13 máis
Sobre as razóns do aumento rexistrado en Galicia, desde xaneiro a novembro de 2016, do número de persoas afectadas por un expediente de regulación de emprego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 63, do 09.02.2017
7.3 5084 (10/PUP-000057)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego diante do anuncio de venda pola empresa Ferroatlántica das centrais hidroeléctricas do río Xallas
7.4 3858 (10/POP-000471)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre a data prevista polo Goberno galego para a apertura do Museo dos Viños de Galicia na reitoral de Santo André de Camporredondo, no concello de Ribadavia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 58, do 02.02.2017
7.5 3982 (10/POP-000500)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para garantir a titularidade e o uso civil do Panteón de Galegos Ilustres
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 58, do 02.02.2017
7.6 3470 (10/POP-000409)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David
Sobre as previsións da Consellería do Medio Rural respecto da realización dunha análise para a introdución de cambios no actual proceso de contratación do servizo integral de helicópteros e brigadas para a prevención e defensa contra os incendios forestais e na prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra eles durante os anos 2017 e 2018
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
7.7 4974 (10/PUP-000053)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as medidas concretas que vai adoptar a Consellería do Medio Rural para conter e erradicar a praga de couza guatemalteca que está a afectar a pataca
7.8 5073 (10/PUP-000055)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Salgado, Carlos e 6 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo e as previstas polo Goberno galego en relación coa presenza da praga de Tecia Solanivora ou couza guatemalteca que está a afectar a pataca
7.9 5017 (10/PUP-000054)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Quiroga Díaz, José Antonio e Pérez Seco, José Manuel
Sobre as medidas que está a adoptar o Goberno galego para controlar a praga de couza guatemalteca que está a afectar a pataca
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente