saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 7 de febreiro de 2017

    A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 7 de febreiro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
   De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 31 de xaneiro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto lexislativo
 
 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (09/PL-000002 doc. núm. 1969)
 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24, do 03.12.2016
 Publicación da corrección de erros, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
 Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 46, do 17.01.2017
 Publicación do informe de Ponencia, BOPG n.º 54, do 27.01.2017
 
Punto 2. Comparecencias en pleno
 
2.1 1130 (10/CPP-000001)
 Da Sra. conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
2.2 1131 (10/CPP-000002)
 Da Sra. conselleira de Infraestruturas e Vivenda, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 4149 (10/MOC-000010)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a posición que debe defender o Goberno galego en relación coa reforma do modelo de financiamento autonómico prevista para o ano 2017 (Moción a consecuencia da Interpelación nº 2294, publicada no BOPG n.º 32, do 21.12.2016 e debatida na sesión plenaria do 24.01.2017)
 
3.2 4173 (10/MOC-000011)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co sector lácteo (Moción a consecuencia da Interpelación nº 1334, publicada no BOPG nº 21, do 29.11.2016 e debatida na sesión plenaria do 24.01.2017)
 
3.3 4174 (10/MOC-000012)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a prevención da violencia de xénero nas escolas (Moción a consecuencia da Interpelación nº 2491, publicada no BOPG nº 43, do 12.01.2017 e debatida na sesión plenaria do 24.01.2017)
 
3.4 4186 (10/MOC-000013)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación coa execución da liña de alta velocidade ferroviaria en Galicia (Moción a consecuencia da Interpelación nº 1044, publicada no BOPG nº 18, do 23.11.2016 e debatida na sesión plenaria do 24.01.2017)
 
Punto 4. Proposicións non de lei en Pleno
 
4.1 647 (10/PNP-000038)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre o impulso polo Goberno galego dun plan inicial de reversión do copagamento farmacéutico, así como o establecemento dun calendario de medidas para a súa eliminación, de xeito progresivo, para os doentes do Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
4.2 744 (10/PNP-000056)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Carlos Enrique, López Crespo e 3 máis
 Sobre a actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a adecuación dos coeficientes redutores da idade de xubilación ás características da actividade marítimo-–pesqueira de Galicia.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
4.3 2254 (10/PNP-000202)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materia do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o V Convenio colectivo único
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 32, do 21.12.2016
 
4.4 2397 (10/PNP-000220)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación coa causa iniciada por mariñeiros pertencentes á asociación Long Hope nos tribunais de Noruega para o recoñecemento do seu dereito a percibiren dese Estado as súas pensións de xubilación
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
4.5 3015 (10/PNP-000263)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos depósitos de pneumáticos usados existentes en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 48, do 19.01.2017
 
4.6 3410 (10/PNP-000293)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David
 Sobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego no Decreto 37/2006 para evitar a precariedade laboral na que se atopa o persoal contratado para o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais por tres meses ao ano
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
4.7 3551 (10/PNP-000298)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e Díaz Villoslada, Juan Manuel
 Sobre a avaliación polo Goberno galego dos investimentos e as infraestruturas xudiciais en Galicia, así como a execución na súa totalidade, no ano 2017, do Plan de infraestruturas xudiciais 2010-2015
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
4.8 3563 (10/PNP-000300)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 García Míguez, María Ángeles e 6 máis
 Sobre a realización de xestións polo Goberno galego diante do Concello co fin de adoptar as medidas necesarias para evitar o peche do Centro de Información á Muller de Pontecaldelas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
Punto 5. Interpelacións

 
5.1 1318 (10/INT-000046)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e 13 máis
 Sobre a política do Goberno galego en materia de pobreza enerxética
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
5.2 1429 (10/INT-000053)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e Vilán Lorenzo, Patricia
 Sobre a política do Goberno galego en materia de emprego público
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
5.3 3797 (10/INT-000134)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas dificultades das familias para o pagamento do recibo da luz
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 4246 (10/POPX-000013)
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Sobre a defensa polo Goberno galego dos intereses de Galicia
 
6.2 4273 (10/POPX-000014)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da recente evolución das implantacións da industria auxiliar do automóbil en Galicia
 
6.3 4277 (10/POPX-000015)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en relación co incumprimento dos prazos e trazados dos novos accesos ferroviarios a Ourense

 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
 
7.1 3467 (10/POP-000408)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto das medidas baralladas polo Goberno central en relación coa situación das persoas afectadas pola comercialización de préstamos hipotecarios coa inclusión de cláusulas chan
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
7.2 3602 (10/POP-000422)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre o coñecemento polo Goberno galego dos problemas detectados no funcionamento da estación depuradora de augas residuais en probas de Ribeira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
7.3 2891 (10/POP-000304)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Fernández, Raúl e 3 máis
 Sobre as consecuencias da anulación da licenza de obras de uso hoteleiro no castelo de Monterrei no contrato de explotación con Paradores de España
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
7.4 3674 (10/POP-000433)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e 2 máis
 Sobre as razóns do Goberno galego para non realizar en período non lectivo as obras que se están a levar a cabo no CEIP Ramón de la Sagra da Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
7.5 3478 (10/POP-000425)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 5 máis
 Sobre evolución dos datos da enfermidade gripal no inverno 2016-2017 en Galicia
 
7.6 4247 (10/PUP-000048)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as razóns da demora do Goberno galego na substitución das agullas facilitadas polo Sergas para a administración de insulina aos doentes afectados pola diabetes
 
7.7 2790 (10/POP-000283)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 5 máis
 Sobre as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para atender as familias obxecto dun desafiuzamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
7.8 3531 (10/POP-000413)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e 4 máis
 Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto da concertación de prazas na Rede pública de residencias e centros de día creada pola Deputación Provincial de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
7.9 4276 (10/PUP-000050)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da ampliación, ata os doce meses, do período de contratación subvencionable, nas subvencións dirixidas ás entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social preceptoras da Risga
 
7.10 4233 (10/PUP-000047)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 González Vázquez, José e 5 máis
 Sobre as medidas e axudas que está a impulsar o Goberno galego para a vertebración do sector lácteo.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina