A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 6 de febreiro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 31 de xaneiro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único: Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 (09/PL-000001 doc. núm. 1968)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24, do 03.12.2016
Publicación da corrección de erros, BOPG n.º 34, do 23.12.2016
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 39, do 03.01.2017
Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 45, do 16.01.2017
Publicación do informe de Ponencia, BOPG n.º 50, do 23.01.2017
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente