saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de xaneiro de 2017

3.1 676 (10/PNP-000042)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 4 máis
 Sobre a aprobación polo Goberno galego da norma que regule o réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración pública de Galicia.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 8, do 07.11.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a aprobar durante o primeiro semestre de 2017 a norma que regule o réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, incorporando a correspondente memoria económica”.
 
 
3.6 2507 (10/PNP-000234)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Puy Fraga, Pedro e 7 máis
 Sobre o impulso pola Xunta de Galicia para elaborar e aprobar un programa de axudas específico para as familias monoparentais
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Elaborar e aprobar un Programa de Axudas específico para as familias monoparentais.
 
2.- Demandar ao Goberno de España a:
 
  a) Modificar a lexislación relativa ás familias monoparentais-monomarentais con dous fillos/as co fin de que sexan consideradas familias numerosas.
 
  b) Adoptar as medidas necesarias para a equiparación dos dereitos das familias monoparentais-monomarentais con duos fillos/as e os das familias numerosas, analizando e equiparando na medida do posible os beneficios que poidan compartir entre unhas e outras”.
 

3.7 2638 (10/PNP-000246)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dunha plataforma de elaboración das programacións didácticas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato para todos os centros docentes da comunidade aútónoma de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a ampliar ás etapas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato  a liña emprendida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en formación profesional, poñendo en funcionamento á maior brevidade posible un conxunto de instrumentos e ferramentas informáticas que permitan e elaboración das programacións didácticas acordes co modelo curricular vixente”.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina