saltar ao contido

O comisario Xefe da Policía Nacional en Santiago efectúa unha visita protocolaria ao presidente do Parlamento

Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O comisario xefe da Policía Nacional en Santiago de Compostela, Félix García, efectuou este mediodía unha visita protocolaria ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
O presidente do Parlamento agradeceu o labor que desenvolven os diferentes corpos e forzas de seguridade, e de maneira particular a Policía Nacional. Santalices tamén lle desexou sorte ao comisario xefe de Santiago nun destino do que tomou posesión o pasado verán.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina