saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 24 de xaneiro de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 24 de xaneiro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 17 de xaneiro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Comparecencias en pleno
 

1.1   3504 (10/CPP-000013)
 Do Sr. presidente da Xunta de Galicia, por petición dos grupos parlamentarios de En Marea, dos Socialistas de Galicia e do Bloque Nacionalista Galego, para dar conta dos resultados da Conferencia de Presidentes celebrada no día de hoxe
 
1.2   1139 (10/CPP-000010)
 Do Sr. vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016

 
Punto 2.   Mocións
 
2.1   2756 (10/MOC-000008)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa violencia de xénero en persoas menores de idade (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 1876, publicada no BOPG núm. 28, do 14.12.2016, debatida na sesión plenaria do 27.12.2016)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
2.2   2757 (10/MOC-000009)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a situación asistencial da sanidade (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 2077, publicada no BOPG núm. 28, do 14.12.2016, que foi debatida na sesión plenaria do día 27 de decembro de 2016)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
Punto 3.   Proposicións non de lei en Pleno
 
3.1   676 (10/PNP-000042)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 4 máis
 Sobre a aprobación polo Goberno galego da norma que regule o réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración pública de Galicia.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 8, do 07.11.2016
 
3.2   1587 (10/PNP-000146)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da información referida ao custo real para o erario público da decisión de vender Novagalicia Banco de xeito anticipado, así como a publicación dos documentos que fundamentaron ese acordo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
3.3   1739 (10/PNP-000165)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia do Plan estratéxico nacional para o tratamento da hepatite C, incluíndo a formación dos profesionais, as campañas informativas e o plan de cribado preceptivo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
 
3.4   2413 (10/PNP-000221)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre a interposición dun recurso ante o Tribunal Constitucional polo rexeitamento da admisión a trámite pola Mesa do Congreso dos Deputados da Proposición de lei orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 37, do 30.12.2016
 
3.5   2451 (10/PNP-000225)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e Sánchez García, Antón
 Sobre o impulso pola Xunta de Galicia para o cumprimento da sentenza do 21 de decembro de 2016 do Tribunal de Xustiza da Unión Europea en relación cos contratos hipotecarios con cláusulas  chan
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
3.6   2507 (10/PNP-000234)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Puy Fraga, Pedro e 7 máis
 Sobre o impulso pola Xunta de Galicia para elaborar e aprobar un programa de axudas específico para as familias monoparentais
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
3.7   2638 (10/PNP-000246)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dunha plataforma de elaboración das programacións didácticas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato para todos os centros docentes da comunidade aútónoma de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
3.8   2930 (10/PNP-000259)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para evitar as saturacións que sofren, de maneira habitual, os servizos de urxencias de diversos centros hospitalarios
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017

 
Punto 4.   Interpelacións
 
4.1   1044 (10/INT-000031)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Fernández, Raúl e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa execución da liña de alta velocidade ferroviaria en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
4.2    1334 (10/INT-000050)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre a política do Goberno galego en relación co sector lácteo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
4.3   2294 (10/INT-000089)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 2 máis
 Sobre a posición do Goberno galego para Galicia respecto da revisión do modelo de financiamento autonómico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 32, do 21.12.2016
 
4.4   2491 (10/INT-000096)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre a valoración polo Goberno galego respecto da prevención da violencia machista nas escolas galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
5.1   3446 (10/POPX-000010)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre os resultados das políticas do Goberno galego en materia de emprego xuvenil
 
5.2   3459 (10/POPX-000011)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a extratexia do Goberno galego para evitar os prexuízos para Galicia derivados do modelo de financiamento
 
5.3   3483 (10/POPX-000012)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as razóns do Goberno galego para reducir e destinar ao pagamento do alugueiro e os subministros enerxéticos os fondos das axudas dirixidas ás familias en risco de pobreza
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1   2875 (10/POP-000301)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre as medidas de actuación en relación co porto da Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
6.2   2939 (10/POP-000324)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre a realización pola Xunta de Galicia dalgunha xestión diante do Goberno de España para que Renfe manteña o servizo de venda de billetes en todas as estacións da nosa comunidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
6.3   3182 (10/PUP-000042)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da realización de xestións diante de Portos do Estado e o Ministerio de Fomento para evitar a subhasta dos terreos portuarios nos que están asentados A Solana e o Hotel Finisterre na cidade da Coruña
 
6.4   3484 (10/PUP-000045)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 6 máis
 Sobre a opinión da Xunta de Galicia respecto da necesidade de garantía pola Autoridade Portuaria da Coruña, Portos do Estado e o Concello da Coruña da conxugación do uso e aproveitamento público dos terreos portuarios coa viabilidade económica e social do porto
 
6.5   2735 (10/POP-000271)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre a situación do mercado laboral en Galicia en relación co resto de España
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
6.6   2764 (10/POP-000277)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
 Sobre as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para informar e formar as persoas consumidoras e usuarias ante as súas preocupacións coa factura da luz
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
6.7   3460 (10/PUP-000046)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre o coñecemento polo Goberno galego da situación de discriminación por razón de xénero e acoso laboral que está a padecer unha traballadora dunha empresa de transporte de viaxeiros
 
6.8   3482 (10/PUP-000044)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as medidas que vai promover o Goberno galego para evitar a fuga e deslocalización das empresas auxiliares do sector do automóbil ao norte de Portugal
 
6.9    2946 (10/POP-000322)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre a pretensión da Xunta de Galicia de suprimir con carácter xeral a obriga de coñecer a lingua galega nos procedementos de selección das actrices e actores que traballen no Centro Dramático Galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
6.10   2722 (10/POP-000268)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
 Sobre a valoración polo Goberno galego dos datos do informe PISA 2015 no que atinxe á Comunidade Autónoma de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina