saltar ao contido

Acordo da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 29 de decembro de 2016


A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo na súa sesión do día 29 de decembro de 2016, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 743 (10/PNC-000058)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 5 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para facilitar o traslado polas federacións de confrarías aos profesionais do mar ou aos buques afectados das resolucións referidas a peches precautorios ou definitivos das distintas pescarías reguladas no Plan de xestión do caladoiro nacional do Cantábrico e noroeste. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que  asuma  o  compromiso  de  comunicar as  resolucións sobre peches precautorios ou definitivos das distintas pesqueirías reguladas no plan de xestión do Caladoiro Nacional Cantábrico e  Noroeste, como  mínimo  con 48  horas  de  antelación  á  data  e  horario  en que teñan efectividade  e, sempre  antes  das  15.00  horas,  para  facilitar  ás federacións de  confrarías o   traslado   das   mesmas aos   profesionais   do   mar   e ou   aos buques afectados”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina