saltar ao contido

Acordos da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 2 de decembro de 2016

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 569 (10/PNC-000027)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as medidas que debe adoptar e as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas intencións da empresa Ferroatlántica de segregar as súas actividades de produción de enerxía eléctrica e de ferroaliaxes e a posible venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
Adoptar as medidas legalmente adecuadas para evitar a segregación das actividades de produción de enerxía eléctrica e ferroaleacións por parte de Ferroatlántica, sen que estas afecten os fluxos de enerxía eléctrica que deberán respectar as esixencias regulamentariamente establecidas para a adecuada operación do sistema eléctrico.
Esixir a Ferroatlántica o mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo na factoría de Cee.
Establecer co grupo empresarial Ferroglobe e moi particularmente con Ferroatlántica S.A. os mecanismos necesarios de colaboración para conseguir incrementar os niveis actuais de emprego e de actividade industrial en Galicia e especialmente nos concellos de Cee e Dumbría."
 
 

- 646 (10/PNC-000038)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e Pérez Seco, José Manuel
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coa continuación da tramitación da iniciativa lexislativa popular sobre pobreza enerxética tomada en consideración na Cámara na novena lexislatura, as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central para protexer as familias que se atopen nesa situación
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"1. O Parlamento galego acorda a que se continúe coa máxima dilixencia posible a tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular sobre pobreza enerxética, cuxa toma en consideración foi aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia na anterior lexislatura.
 
2. O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a negociar un protocolo de actuación, en colaboración coa FEGAMP, coas empresas concesionarias do subministro de auga, que impida que se poida suspender o servizo de abastecemento de auga a una familia por razón económicas, cando os recursos familiares non permitan cubrir o seu pago."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 429 (10/PNC-000016)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e 12 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para evitar a segregación pola empresa Ferroatlántica das súas actividades de produción de enerxía eléctrica e de ferroaliaxes, así como para o mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo nas factorías de Cee e Dumbría
BOPG n.º 6, do 03.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1) Evitar a segregación das actividades de produción de enerxía eléctrica e ferroaleacións por parte de Ferroatlántica.
2) Esixir a Ferroatlántica o mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo na factoría de Cee e Dumbría."
 
 
 
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016
 
Eva Solla Fernández
Vicepresidenta 2.ª

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina