Santiago, 4 de novembro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, asistiu hoxe ao acto inaugural do Congreso Internacional Las raíces del humanismo europeo y el Camino de Santiago.
O acto, celebrado na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, foi presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e tamén contou coa participación, entre outros, do reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e do presidente da Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio, Marcelino Oreja Aguirre.
Saúdos, Gabinete de Comunicación