Santiago, 28 de xuño de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá, no seu despacho a da Cámara a unha delegación da Embaixada de Israel en España, integrada polo ministro conselleiro, Yinam Cohen; e pola portavoz, Hamutal Rogel. Tamén participou na entrevista o presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel, Pedro Gómez-Valarés.
A visita enmárcase na rolda de contactos protocolarios que o presidente do Parlamento de Galicia adoita celebrar con representantes do corpo diplomático e das diferentes institucións que visitan a Comunidade Autónoma.
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.