Santiago, 2 de febreiro de 2016.- O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía, no seu despacho da Cámara, á nova cónsul xeral de Uruguai en Galicia, María del Huerto Arcaus Sánchez.
Esta visita de cortesía ten lugar despois da toma de posesión de María del Huerto Arcaus Sánchez como cónsul xeral de Uruguai en Galicia, con xurisdicción tamén en Asturias, Cantabria e País Vasco.
Durante o encontro, o presidente do Parlamento de Galicia interesouse pola situación da colonia galega en Uruguai e polos uruguaios asentados en Galicia, e fixo votos por seguir fortalecendo as relacións entre os dous pobos.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.