saltar ao contido

María de los Ángeles Ferreiro Vidarte toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

Santiago, 10 de novembro de 2015.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de María de los Ángeles Ferreiro Vidarte como deputada do PSdeG-PSOE pola circunscrición electoral da Coruña, en substitución de Beatriz Sestayo Doce.

María de los Ángeles Ferreiro Vidarte é mestra de Primeira Ensinanza e diplomada en Traballo Social.
Foi traballadora social en Cáritas Diocesana de Oviedo, e traballadora social-funcionaria no Concello da Coruña. Concelleira de Sanidade e Asuntos Sociais no Concello da Coruña (1991-1999). Concelleira de Infraestruturas e Equipamentos no Concello da Coruña (1999-2000). Traballadora Social no Concello da Coruña, no Centro de Planeamento Familiar, desde xaneiro de 2001 ata a súa toma de posesión como deputada do Parlamento de Galicia.

Cargos do PSdeG-PSOE: secretaria Xeral da Agrupación Socialista da Coruña, secretaria Xeral da Agrupación Socialista de Monte Alto, presidenta do Comité Nacional Galego, membro do Comité Nacional Galego, secretaria de Inmigración da Executiva Nacional Galega.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina