saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 28 de outubro de 2015

5.1 32229 (09/PNP-002339)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel, e sete deputados/as máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a cobertura poboacional da vacinación contra a gripe
Publicación da iniciativa, BOPG nº 410, do 05.02.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a mellorar a cobertura poboacional con respecto á vacinación da gripe, garantindo a súa gratuidade a toda a poboación".
 

5.2 36883 (09/PNP-002697)
Grupo Parlamentario Mixto
Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para garantirlles a todas as mulleres a posibilidade de acceso ás técnicas de reprodución asistida no Sergas
Publicación da iniciativa, BOPG nº 460, do 06.05.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a garantir o aceso ás técnicas de reprodución asitida no Servizo Galego de Saúde a todas as mulleres sen discriminación, comprometéndose a ofrecer este servizo sanitario público a mulleres sen parella ou sen parella varón que o soliciten".
 
 
5.4 39451 (09/PNP-002873)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen, e dous deputados/as máis
Sobre o inicio dunha campaña de concienciación contra a violencia de xénero dirixida ao medio rural

Publicación da iniciativa, BOPG nº 511, do 02.09.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia para que de forma inmediata:
 
1. Inicie unha campaña de concienciación contra a violencia de xénero dirixida ao medio rural e que incorpore, en todas as medidas de prevención da violencia e da promoción da igualdade, as peculiaridades dese medio para que a poboación do rural se vexa identificada con elas.
 
2. Nos datos e estatísticas que analizan os casos de violencia de xénero se visibilicen e se contabilicen claramente os acaecidos no medio rural.
 
3. Se organicen e se coordinen todos os recursos, así como as asociacións e entidades que habitualmente traballan no medio rural, para poder utilizalos todos e cada un deles adecuadamente na loita contra a violencia de xénero.
 
4. Se organice, en colaboración cos e coas profesionais sanitarios, da educación, dos corpos e forzas de seguridade e dos axentes xudiciais, formación obrigatoria neste eido, computable como formación continua.
 
5. Avalíe anualmente, facéndoo coincidir co informe de aplicación da Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, o resultado das anteriores medidas adoptadas".
 
 
5.6 40391 (09/PNP-002940)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro, e dous deputados/as máis
Sobre a continuación por parte da Xunta de Galicia das negociacións co Concello de Vigo para incluír o transporte urbano Vitrasa nos servizos do Plan de transporte metropolitano
Publicación da iniciativa, BOPG nº 515, do 09.09.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a retomar as negociacións co Concello de Vigo para incluír o transporte urbano Vitrasa dentro dos servizos do Plan de Transporte Metropolitano".
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina