saltar ao contido

Unha delegación do Camiño de Shikoku xaponés visita o Parlamento de Galicia

Santiago, 1 de setembro de 2015.- Unha delegación do Camiño do Shikoku, unha ruta de peregrinación que percorre a illa xaponesa do mesmo nome, visitou hoxe o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos pola presidenta da institución, Pilar Rojo Noguera.
 
Entre os integrantes da delegación, figura o presidente da Asemblea da Prefectura de Kagawa, Osamu Tsujimura, e o embaixador de Xapón en España, Kazuhiko Koshikawa.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, agradeceu a visita da delegación xaponesa á sede do poder lexislativo galego e fixo votos polo fortalecemento das relacións entre Xapón e Galicia, incluíndo as de carácter histórico e cultural, que teñen nos camiños de Santiago e de Shikoku un referente.

 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina