Santiago, 26 de xuño de 2015.- O Parlamento de Galicia admitiu a trámite, mediante unha Resolución da Presidencia, un escrito do Consello de Contas co que se remiten a Memoria de actividades de 2014 e informes de fiscalización das contas do sector público de Galicia correspondentes aos plans de traballo de 2014 e 2015 (Conta xeral da Comunidade Autónoma de 2013).
A documentación foi aprobada polo Pleno do Consello de Contas celebrado o 16 de xuño de 2015. Trátase dos seguintes documentos:
• Conta Xeral da Comunidade Autónoma, ex. 2013.
• Fondos de Compensación Interterritorial, ex. 2012.
• Fondos Europeos, ex. 2013.
• Conta Xeral do Sergas, ex. 2013.
• Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, ex. 2012.
• Entidades Instrumentais autonómicas, ex. 2013.
• Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, ex. 2013.
• Avaliación da estrutura do persoal no sector local de Galicia, ex. 2011-2012.
• Declaración definitiva sobre a Conta Xeral da Comunidade Autónoma.
• Memoria de actividades, ex. 2014.
• Contas anuais, ex. 2014.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.