saltar ao contido

Proposición non de lei aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de xuño de 2015

5.8 37885 (09/PNP-002765)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta, e trece deputados/as máis
 Sobre a realización pola Xunta de Galicia do desenvolvemento normativo do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 477, do 10.06.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que leve a cabo o desenvolvemento normativo do Decreto de atención  temperá para que no máis breve prazo posible queden regulados os procesos de atención nos sistemas sanitario, social e educativo, co obxectivo de non deixar atrás o importante avance que supuxo a implantación deste modelo integral de atención aos nenos e nenas con algunha dificultade no seu desenvolvemento".
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina