5.1 25572 (09/PNP-001835)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula, e oito deputados/as máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia para estender os programas de mediación familiar intraxudicial
Publicación da iniciativa, BOPG nº 335, do 05.09.2014
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia, no exercicio das súas competencias en materia de impulso, implantación e desenvolvemento de actuacións en materia de desxudicialización de conflitos, a estender os programas de mediación familiar intraxudicial".
5.2 32486 (09/PNP-002369)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel, e sete deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co programa Conecta 72
Publicación da iniciativa, BOPG nº 410, do 05.02.2015
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Informar no Parlamento dos resultados do estudo piloto do Programa CONECTA 72.
2. Valorar a posibilidade de facer un cronograma de implantación do programa no conxunto do Servizo Galego de Saúde".
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.