saltar ao contido

"Corresponde agora aos descendentes manter viva a memoria de Galicia" na emigración, afirma a presidenta do Parlamento

· Nun encontro con representantes das institucións galegas de Montevideo, Pilar Rojo anímaos a continuar traballando desde a unión e a cooperación entre as entidades.
 
Montevideo, 11 de maio de 2015.- "Pasaron xa moitos anos desde que cesou o fluxo migratorio que trouxo a tantos miles de galegos e españois a esta terra irmá e, como consecuencia diso, corresponde agora aos descendentes, perpetuar a memoria da súa terra de orixe na República Oriental do Uruguai". Son palabras da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, nun encontro mantido esta tarde (noite en Galicia) con representantes das institucións galegas de Montevideo durante unha recepción ofrecida polo Embaixador de España en Uruguai.
 
Rojo Noguera agradeceu o traballo que, malia o tempo transcorrido desde a súa fundación, desenvolven as diferentes institucións da colectividade, o que permite "manter o sentimento de Galicia e de España", ao tempo que os animou  a promover a "unión e cooperación entre as distintas entidades".
 
Como presidenta do Parlamento, Pilar Rojo quixo deixar constancia do "recoñecemento da Galicia territorial á Galicia universal conformada pola diáspora galega e refrendar tamén os vínculos inmarcesibles que unen para sempre ás dúas beiras do Atlántico".
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina