saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 6 de maio de 2015

4.2 32509 (09/PNP-002372)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Santalices Vieira, Miguel Ángel, e 12 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central do estudo da posibilidade de acceso aos balnearios e centros españois de hidroterapia daqueles cidadáns dos países da Unión Europea que teñan incluídas as terapias hidrotermais na súa carteira de servizos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 05.02.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que solicite do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade que, a través dos mecanismos que procedan, se estude a posibilidade de lles dar acceso aos balnearios e outros centros españois de hidroterapia aos cidadáns dos países da Unión Europea que teñen incluídas as terapias hidrotermais na súa carteira de servizos, con cargo ao sistema sanitario do país de orixe".
 

4.3 32617 (09/PNP-002391)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Martínez García, María Consuelo
 Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central de transferencia a Galicia das competencias en materia de saúde penitenciaria para a súa asunción polo Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 05.02.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a:
1.- Solicitar do Goberno do Estado o traspaso das competencias en materia de saúde penitenciaria á Xunta de Galicia para a súa asunción polo Sergas, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta da Lei de cohesión do Sistema nacional de saúde do 2003.
2.- Esta transferencia debe estar acompañada dos medios económicos e materiais necesarios e atender a suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo.
3.- Incluír, de forma inmediata, a poboación reclusa no Plan estratéxico para a abordaxe da hepatite C e que esas persoas sexan tratadas cos mesmos criterios e prontitude que o resto".
 

4.4 32679 (09/PNP-002397)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Dorado Soto, Javier
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para posibilitar a mellora das competencias curriculares das persoas mozas a través de programas de educación non formal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 05.02.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incidir na posta en marcha doutros programas onde a educación non formal poida servir como medio para mellorar as competencias curriculares dos mozos e mozas".
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina