• O vicepresidente da Cámara, Miguel Santalices valora a relevancia deste galardón, que acumula 22 anos de vida
Santiago, 4 de maio de 2015.- O Parlamento de Galicia acolleu esta tarde o acto de entrega dos XXII Premios de Publicidade en Galego, convocados polo Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG.
O vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices destacou a relevancia deste galardón, que considerou “plenamente consolidado, pola reputación acumulada ao longo dos seus 22 anos de vida, e tamén porque a publicidade en galego deixou de ser un exemplo anecdótico e puntual para converterse nunha realidade frecuente”. Admitiu que, sen embargo, “aínda queda camiño por percorrer”. Salientou o recoñecemento que estes premios supoñen para as empresas e axencias que apostan pola lingua e o talento galegos.
Premiados
O Premio de Publicidade en Galego na modalidade de Internet reaceu na web de “Galeguesas, a diferencia”, da empresa Galeguesa, elaborado e presentado pola axencia Arraianos Multimedia. Na modalidade de Radio, resultou premiada a campaña “Hai cousas que canto menos cambien mellor”, de Larsa, elaborada e presentada pola axencia BAP&Conde. Na modalidade de Televisión, o premio correspondeu ao anuncio “O noso é o noso”, de Estrella Galicia, elaborado pola axencia Imaxe e presentado pola TVG.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.