saltar ao contido

Emilio Vázquez Blanco toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia

Santiago, 28 de abril de 2015.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Emilio Vázquez Blanco como deputado do PSdeG-PSOE pola circunscrición electoral da Coruña. Substitúe a Francisco Caamaño Domínguez.
 
Emilio Vázquez Blanco naceu en 1981 e é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en "Márketing Político: Estratexias e Comunicación Política" da USC.
 
Na actualidade é vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE provincial da Coruña. Coordinou diversas campañas electorais do PSOE na provincia da Coruña. Foi asesor do Grupo Socialista na Deputación da Coruña (2011-2013), asesor do Gabinete de Presidencia da Deputación da Coruña (2008-2011) e traballou no departamento de Protocolo da Xunta de Galicia (2006). Tamén desenvolveu tarefas de consultoría en diferentes empresas.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina