saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 24 de novembro de 2014

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 24 de novembro de 2014, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de novembro de 2014, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto único. Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015 (doc. núm. 29230, PL-000020).
 
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 359, do 21.10.2014
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 373, do 14.11.2014
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014
 

Pilar Rojo Noguera
Presidenta

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina