4.1 6056 (09/PNP-000451)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro, e dous deputados/as máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa licitación do desdobramento do corredor do Morrazo co fin de garantir a viabilidade da execución financeira e construtiva da futura autovía
Publicación da iniciativa, BOPG nº 89, do 18.04.2013
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a licitar o desdobramento do Corredor do Morrazo en tres fases entre Cangas e Rande co fin tentar garantir a viabilidade de execución financeira e construtiva da futura autovía.»
4.3 25981 (09/PNP-001873)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
González Santín, Juan Carlos, e dous deputados/as máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para erradicar as ‘cláusulas chan’ dos contratos bancarios con particulares
Publicación da iniciativa, BOPG nº 335, do 05.09.2014
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que habilite os mecanismos necesarios para que o Instituto Galego de Consumo adopte as medidas sancionadoras oportunas contra as entidades financeiras que persistan no abuso de non retirar as `cláusulas chan´ dos contratos bancarios con particulares, ao tempo que se lles dea a máxima cobertura aos consumidores poñendo todos os medios necesarios ao dispor dos afectados polas `cláusulas chan´.»
4.8 28211 (09/PNP-002055)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel, e sete deputados/as máis
Sobre a necesidade de realizar unha campaña de promoción e posta en valor do mexillón de Galicia como produto de máxima calidade, prestixio gastronómico e nutricional e con totais garantías de salubridade
Publicación da iniciativa, BOPG nº 357, do 15.10.2014
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover unha campaña de promoción e posta en valor do mexillón de Galicia, como produto de máxima calidade, prestixio gastronómico e nutricional e con totais garantías de salubridade.»
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.