saltar ao contido

Santalices expresa o “recoñecemento” do Parlamento ao Valedor do Pobo no 30 aniversario da institución

Santiago, 5 de xuño de 2014.- O vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, expresou esta mañá o “recoñecemento” da Cámara galega ao traballo que desenvolve o Valedor do Pobo, que hoxe conmemorou o 30 aniversario da lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo.
 
Nun acto celebrado no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, Santalices Vieira tivo palabras de recordo para os anteriores valedores e destacou que “todo o Parlamento lle dá moita importancia aos informes do Valedor”. Como médico, Santalices valorou especialmente as competencias do Valedor do Pobo en relación cos dereitos dos pacientes.
 
Miguel Santalices deu paso á intervención do delegado permanente adxunto de España ante a UNESCO, José Antonio Ory. Rematada esta ponencia, interviu o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, nun acto que foi clausurado polo Valedor do Pobo, José Julio Fernández.
 
Santalices desculpou a asistencia da titular do Parlamento de Galicia, Piilar Rojo, que na súa condición de presidenta da Conferencia de Asembleas Lexislativas de Europa, (CALRE) se dispón a participar en Taiwán no Foro comunitario de representantes de Gobernos locais en representación dos 74 parlamentos rexionais europeos.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina