Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o día 12 de marzo de 2014
6.7 - 19524 (09/PNP-001378)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro, e sete deputados máis
Sobre a solicitude polo Parlamento de Galicia aos concellos que compoñen a Área Metropolitana de Vigo do desbloqueo do proceso de implementación do Plan de transporte metropolitano
Publicación da iniciativa, BOPG nº 245, do 26.02.2014
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia acorda solicitar aos concellos que compoñen a Área Metropolitana de Vigo o desbloqueo do proceso de implementación do plan de transporte metropolitano.»
6.8 19657 (09/PNP-001383)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Oubiña Solla, Rosa, e sete deputados máis
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ás administracións públicas co fin de impulsar o emprendemento feminino
Publicación da iniciativa, BOPG nº 245, do 26.02.2014
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse a todas as administracións públicas para, dentro dos seus respectivos ámbitos competenciais, instalas a:
1. Realizar campañas de divulgación e formación no ámbito do emprendemento feminino.
2. Potenciar políticas e programas de apoio ao emprendemento feminino e á consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres, como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral.»