saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 26 de febreiro de 2014

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 26 de febreiro de 2014

4.1 15714 (09/PNP-001106)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román, e seis deputados máis
Sobre o inicio pola Xunta de Galicia dos traballos para a elaboración dun novo plan de financiamento do Sistema universitario de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG nº 209, do 5.12.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar, durante 2014, os traballos para a elaboración dun novo Plan de financiamento do Sistema universitario de Galicia para que estea vixente a partir de 2016, de xeito que se comece priorizando a análise e diagnose do escenario orzamentario e universitario para fixar os criterios que deben marcar o financiamento para o Sistema universitario galego para os seguintes anos».
 
 
4.4 18200 (09/PNP-001313)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta e seis deputados máis
Sobre a posta en marcha dunha estratexia de apoio ao menor na que se promova o benestar da infancia e da adolescencia
Publicación da iniciativa, BOPG nº 232, do 06.02.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a poñer en marcha, neste ano 2014, unha estratexia de apoio ao menor, na que se promova o benestar da infancia e da adolescencia».
 
 
4.8 18769 (09/PNP-001343)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa e seis deputados máis
Sobre a solicitude ao Goberno do Estado da concesión da medida de graza de indulto a dous sindicalistas
Publicación da iniciativa, BOPG nº 236, do 12.02.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que se dirixa ao Goberno do Estado co fin de lle solicitar que, con carácter inmediato, o Consello de Ministros acorde a concesión da medida de graza de indulto aos sindicalistas Serafín Rodríguez e Carlos Rivas».

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina