• O presidente do Senado, Pío García Escudero, que participou na inauguración do Plenario que se celebra desde esta mañá no Parlamento das Illas Baleares, felicitou a Pilar Rojo pola súa elección como presidenta de CALRE
• Os presidentes dos parlamentos autonómicos abordan asuntos como a cooperación en materia de asistencia xurídica entre parlamentos, entre outros
Santiago, 17 de xaneiro de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, participa desde esta mañá no plenario anual da Conferencia Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA) que se celebra na sede do Parlamento das Illas Baleares.
En declaracións ao medios, Pilar Rojo valorou a importancia deste tipo de foros que, ao seu xuízo, permiten que os presidentes dos lexislativos autonómicos poñan en común os problemas aos que se enfrontan cada día e intercambien experiencias sobre as diferentes situacións que se rexistran en cada unha das Comunidades.
Recuperar a confianza
Rojo Noguera afirmou que nun momento de “moita desafección” respecto á política e ás cámaras lexislativas, se fai necesario “un esforzo” adicional en materia de “eficiencia parlamentaria”, pero tamén para explicar as virtudes da democracia rexional e a importancia da cercanía dos parlamentos autonómicos ao cidadán, co obxectivo de recuperar a confianza da sociedade.
Cooperación xurídica
Na orde do día da reunión figuran tamén aspectos como a cooperación en materia de asistencia xurídica entre parlamentos ou potenciamento da rede Parlamenta para o intercambio de información e documentación parlamentaria, entre outros.
No acto inaugural do Plenario, o presidente do Senado, Pío García Escudero, aproveitou o seu discurso para felicitar publicamente á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, pola súa elección como presidenta da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE), responsabilidade que asimiu formalmente o pasado 13 de xaneiro.
Os participantes no Plenario de COPREPA foron recibidos, este mediodía, polo presidente do Goberno das Illas Baleares, José Ramón Bauzá, unha audiencia que tamén contou coa asistencia da delegada do Goberno en Baleares, o alcalde de Palma e a presidenta do Consell de Mallorca.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.