Santiago, 22 de novembro de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, asistiu esta tarde en Pontevedra, ao acto no que a escritora Fina Casalderrey leu o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega.
A titular do lexislativo galego felicitou á escritora polo seu ingreso na Academia e afirmou que o de hoxe é un “día grande para as letras, pero tamén para as mulleres galegas”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.