saltar ao contido

A Xunta Directiva de AGEINCO visita o Parlamento de Galicia

Santiago, 25 de setembro de 2013.- Os integrantes da Xunta Directiva de AGEINCO (Asociación Galega de Empresas de Enxeñería e Consultoría), encabezados polo seu presidente, Manuel Andrés Soage Quintáns, efectuaron esta mañá unha visita ao Parlamento de Galicia.
 
Durante a xornada, os directivos de AGEINCO mantiveron unha xuntanza coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, efectuaron unha visita guiada á sede da institución e tiveron ocasión de seguir, en directo, desde a tribuna de convidados do hemiciclo, unha parte do Pleno da Cámara.
 
Na reunión coa presidenta da Cámara, Pilar Rojo interesouse polas actividades que desenvolve AGEINCO e pola situación das empresas que forman parte da entidade.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina