saltar ao contido

O Parlamento de Galicia acolle mañá a entrega de premios do seu concurso escolar

• Estudantes de Ponteareas, Viveiro e Santiago de Compostela resultaron gañadores  na III Edición deste certame
 
• Os finalistas cursan estudos en centros de Rubiá (Ourense) e Santiago de Compostela

Santiago, 4 de xuño de 2013.- O Parlamento de Galicia acollerá mañá, mércores 5 de xuño, o acto de entrega de premios aos gañadores e finalistas da III edición do concurso escolar convocado pola Cámara.
 
A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, presidirá o acto, que se celebrará no Salón dos Reis da Cámara (a partir das12,00 h.) e contará coa asistencia dos membros da Mesa do
Parlamento, os integrantes do xurado que seleccionou aos premiados, así como os gañadores e finalistas, que estarán acompañados por  profesores e compañeiros de clase.
 
Gañadores e finalistas
 
Imaxina a Pintura
 
Alumnas do grupo gañador: Antía Martínez Pérez, Naiara Bouza Rodríguez, Inés Borge Juste, Lidia Castro Rodríguez e Lucía Otero Codeseda
• Clase: 1º de Primaria
• Profesora que supervisou o traballo: Dª Pilar Gallego Illán
• Centro educativo:  CPR Plurilingüe Santiago Apóstol de  Ponteareas (Pontevedra).
 
Alumnas do grupo finalista: Candela Prada Vega, Ana Alonso Domínguez, Claudia Rodríguez Delgado, Carmen Estévez Martín e Nadia Dovigo Otero, alumnas de 2º ciclo de educación infantil do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá (Ourense). Profesora que supervisou o traballo: Dª Aurora Delgado Pérez
 
Escribe o teu conto
 
Alumnos do grupo gañador: Ariendys Franco Lorenzo e Brauly Gómez Peralta.
• Clase: 1º A de ESO
• Profesor que supervisou o traballo: D. Francisco José Janeiro Rodríguez
• Centro educativo:  IES Vilar Ponte de Viveiro (Lugo).
 
Alumnas e alumnos do grupo finalista: Alba Fernández Martínez, Diego Beltrán Fernández Prada, Laura García Fraga, Blanca Landín Rey e Pablo Francisco Lata Díaz (alumnos/as de 6º A de Educación Primaria do Centro Escolar Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela (A Coruña). Profesora que supervisou o traballo: Dª Josefa Lourido Barbeira
 
Exprésate:
 
Alumnas e alumno do grupo gañador:  Rebeca Carballo Amado, Yemina Gómez Corral, Gloria Martínez Pazos e José Manuel Fernández Vilas.
• Clase: 3º U de ESO
• Profesora que supervisou o traballo: DªMaría Blanco Crespo
• Centro educativo: IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela (A Coruña).
 
Alumnas do grupo finalista: Alicia Suárez Cao, Tamara Cerqueiro Rey, Paula Vilariño Gasamáns e Uxía Rico Gómez (alumnas de 4º U da ESO do IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela (A Coruña). Profesora que supervisou o traballo: Dª Mercedes Espiño Amil.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina