saltar ao contido

Pilar Rojo anima a “articular solucións acaídas para os retos plantexados” ao municipalismo


• A presidenta do Parlamento clausurou o ciclo de conferencias “25 anos de municipalismo: pasado presente e futuro da administración local”, organizado pola Fegamp

Santiago, 27 de abril de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, afirmou esta mediodía en Santiago, que “transcorrido un cuarto de século desde a articulación do municipalismo galego, precisamos novas referencias e plantexamentos que nos axuden, a todos, a articular solucións acaídas para os retos actuais”.
 
Rojo Noguera fixo estas reflexións ao clausurar, acompañada polo presidente da Fegamp, José Manuel Rey, o ciclo de conferencias “25 anos de municipalismo galego: pasado, presente e futuro da administración local”. Tamén asistiron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, entre outras personalidades.
 
Parlamento e concellos
 
Recordou a presidenta do lexislativo autonómico que “todo canto sucede no día a día dos nosos concellos ten traslado inmediato á Cámara galega, alimentando unha relación intensa que medra paseniñamente”.
 
Pilar Rojo fixo un percorrido a través da evolución histórica dos municipios galegos, cuia organización actual se remonta a un Real Decreto de 1835.
 
“Por incrible que pareza, gran parte do mapa local resultante daquela norma tense  mantido con escasas variacións desde hai xa máis de século e medio, practicamente impermeable aos sucesivos cambios rexistrados”, como a implantación da democracia ou os avances rexistrados en ámbitos como as comunicacións terrestres ou as tecnoloxías da información.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina