saltar ao contido

O Parlamento recibe a visita dun grupo de universitarios alemáns e profesores de varios países que participan nun intercambio en Ourense

Santiago, 17 de abril de 2013.- O Parlamento de Galicia recibiu esta mañá a visita dun grupo de universitarios alemáns, e profesores de Alemaña, Italia e Estados Unidos, que estes días participan nun intercambio coa Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.
 
Na visita tamén participaron profesores de Ourense e representantes da Consellería de Educación e Cultura. Durante o percorrido, recibiron explicacións sobre o funcionamento do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina