saltar ao contido

O Parlamento de Galicia e maila Asociación de exparlamentarios retoman esta semana o ciclo de charlas-coloquio para alumnos de Secundaria


• A iniciativa xurdiu na pasada lexislatura a instancias da presidenta do Parlamento e a Asociación de exdeputados da Cámara galega e permitiu celebrar 40 charlas entre 2011 e 2012

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2013.- O Parlamento de Galicia e a Asociación de exparlametarios emprenden de novo o vindeiro mércores 17 de abril o ciclo de charlas itinerantes iniciadas na pasada lexislatura co obxectivo de explicar o funcionamento da Cámara autonómica aos estudantes de secundaria en diferentes institutos da Comunidade Autónoma. 
 
Esta iniciativa retómase  coa exitosa experiencia das 40 charlas-coloquio celebradas durante os anos 2011 e 2012, organizadas a instancias da presidenta do Parlamento de Galicia e a Asociación de exdeputados da Cámara galega. 
 
A primeira das charlas programadas na actual lexislatura celebrarase no IES Arcebispo Xelmírez II, en Santiago de Compostela. Contará coa asistencia de: D.ª Ascensión Yeguas Sánchez (PP), D. Luís M.ª Tojo Ramallo (PSdG-PSOE)
e D. Xesús Manuel Veiga Buxán (BNG).
 
Na mesma xornada, o IES Ánxel Fole de Lugo acollerá outra sesión divulgativa na que participarán tres exdeputados galegos. Os participantes serán: Manuela López Besteiro (PP), Margarita Pérez Herráiz (PSdG-PSOE) e María Xosé Veiga Buxán (BNG).

Os centros participantes tamén reciben do Parlamento un lote de libros para as súas bibliotecas.
 
Con esta actividade, o Parlamento de Galicia quere promover o interese da mocidade galega pola vida política e as principais institucións da Comunidade autónoma.
 
Estas charlas enmárcanse na estratexia de divulgación do  Parlamento de Galicia que inclúe outras iniciativas como o Concurso Escolar, o programa de visitas guiadas á sede da institución ou a edición de material bibliográfico específico para o público infantil e xuvenil.
 
Calquera centro educativo interesado en acoller unha actividade deste tipo pode contactar co Parlamento de Galicia para solicitalo.
 

Previsión informativa:

Charla-coloquio Santiago de Compostela
• Lugar: IES Arcebispo Xelmírez II. Rúa Irmandiños, nº 15. Santiago de Compostela.
• Data e hora: 17/04/2013, 12:30 h.
• Asistentes:
-          D.ª Ascensión Yeguas Sánchez (PP)
-          D. Luís M.ª Tojo Ramallo (PSdG-PSOE)
-          D. Xesús Manuel Veiga Buxán (BNG)
 
Charla-coloquio Lugo
• Lugar: IES Ánxel Fole. Rúa Angelo Colocci s/n. Lugo.
• Data e hora: 17/04/2013, 12:50 h.
• Asistentes:
-  Manuela López Besteiro (PP)
-  Margarita Pérez Herráiz (PSdG-PSOE)
-  María Xosé Veiga Buxán (BNG)
 
 
 
 
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina