saltar ao contido

O Parlamento de Galicia recibe a unha delegación irlandesa que visita O Carballiño no marco dunha iniciativa de irmandamento


 
Santiago, 4 de abril de 2013.- O secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, recibiu esta tarde a unha delegación integrada por representantes políticos e de institucións educativas, no marco dun programa educativo que aproxima os concellos de O Carballiño e a localidade irlandesa de Oranmore.
 
Este programa educativo, coordinado pola fundación Losada Diéguez, coa participación dos concellos do Carballiño e Boborás, integrados na devandita fundación, porase en  marcha durante o próximo curso. Está previsto o intercambio entre familias galegas e irlandesas, que permitan aos alumnos do Carballiño estudar inglés e gaélico, e aos nenos irlandeses aprender castelán e galego.

 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina