saltar ao contido

Recomendacións ao Plan anual de traballo do Consello de Contas

A Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na reunión do 22 de marzo de 2013, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos relativos a outras institucións e órganos

Consello de Contas: Programa Anual de Traballo
 
Aprobación das recomendacións pola Comisión
 
- 1856 (09/CPAT-000001)
Consello de Contas
Plan anual de traballo do Consello de Contas de Galicia para o ano 2013
BOPG n.º 71, do 18.03.2013
 
As recomendacións aprobadas son as seguintes:
 
Recomendación número 1
 
O Parlamento de Galicia insta o Consello de Contas a continuar aproximando os informes da Conta Xeral ao exercicio en curso, con independencia da presentación dos restantes informes de fiscalización.
 
Recomendación número 2
 
O Parlamento de Galicia insta o Consello de contas a manter con carácter periódico o Informe sobre a Actividade Económico-financeira das Entidades Públicas dependentes da Administración Xeral da C.A., presentado por vez primeira no exercicio de 2006.
 
Recomendación número 3
 
O Parlamento de Galicia insta o Consello de Contas a realizar unha análise temporal das fontes de financiamento nos organismos públicos enmarcados no perímetro de consolidación previsto nos orzamentos, con detección de posibles supostos de sobrefinanciamento ou excesos de tesourería.
 
Recomendación número 4
 
O Parlamento de Galicia insta o Consello de Contas á fiscalización de procedementos de incorporación do persoal en organismos públicos e a súa adecuación (número e funcións) á actividade das respectivas entidades, analizando un período temporal razoable que permita ver a evolución deste persoal.
 
Recomendación número 5
 
O Parlamento de Galicia insta o Consello de Contas a realizar unha análise da evolución temporal do endebedamento da denominada administración institucional en termos de contabilidade nacional, da súa razoabilidade e da súa sostibilidade.

 
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina