Santiago, 28 de febreiro de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá, no seu despacho da Cámara, ao novo cónsul de Cuba en Santiago de Compostela, José Antonio Solana Fernández, no marco das visitas institucionais de presentación que está a realizar.
Tamén participou no encontro Alejandro Fuentes, ata o de agora cónsul de Cuba en Santiago de Compostela.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.