Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia, 27.02.2013
4.3 1671 (09/PNP-000134)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román, e catro deputados máis
Sobre o inicio pola Xunta de Galicia de análises técnicas para a ampliación da Rede de centros integrados de formación profesional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24, do 02.01.2013
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar análises técnicas para a ampliación da rede CIFP”.
4.7 2929 (09/PNP-000227)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Angel, e seis deputados máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa carga de traballo e coa actividade dos estaleiros galegos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 51, do 13.02.2013
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:
1. A continuar coas actuacións iniciadas que teñen por obxectivo colaborar cos estaleiros galegos para conseguir carga de traballo suficiente, así como apoiar as actuacións dirixidas a reorientar a actividade de Navantia ao mundo das reparacións.
2. A esixir a Navantia que cumpra, coa maior brevidade, os seus compromisos de lograr carga de traballo, tanto en novas construcións como en reparacións, o que implica necesariamente facer unha especial intensificación das súas accións comerciais e concretar os investimentos necesarios para reforzar a súa capacidade e competitividade de cara a converterse nun centro de referencia no eido das reparacións de grandes buques".
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia