saltar ao contido

A presidenta do Parlamento propón a Núñez Feijóo como candidato á Presidencia da Xunta

• Logo da rolda de consultas efectuada esta mañá cos representantes dos grupos parlamentarios, Pilar Rojo trasladou a Feijóo o resultado das conversas

Santiago, 23 de novembro de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, proporá a Alberto Núñez Feijóo como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia no Pleno de investidura que se celebrará a próxima semana.
 
O presidenta da Cámara reuniuse esta mañá no seu despacho con cadanseu representante dos catro grupos parlamentarios representados no Parlamento de Galicia, dando así cumprimento ao establecido no artigo 136.1 do Regulamento da institución.
 
Esta norma sinala que “O presidente do Parlamento, consultados os representantes designados polos partidos ou polos grupos políticos con representación parlamentaria, propoñerá de entre os membros do Parlamento un candidato á Presidencia da Xunta”.
 
Alberto Núñez Feijóo foi proposto como candidato por contar co respaldo dos 41 deputados do grupo maoritario da Cámara, o PPdeG.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina