Santiago, 19 de maio de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá á presidenta da Cámara vasca, Arantza Quiroga Cia, que se atopa en Santiago na súa primeira visita oficial ao Parlamento de Galicia.
Na recepción, que se desenvolveu no despacho presidencial, tamén participaron os membros da Mesa e os portavoces parlamentarios.
Durante a súa visita ao Lexislativo galego, Arantza Quiroga asinou no Libro de Honra do Parlamento galego e xunto con Pilar Rojo mantivo un encontro cos medios de comunicación. Deseguido xiraron unha visita polas dependencias da Cámara, dedicándolle especial atención ao Hemiciclo.
Rojo e Quiroga asistiron ás 12,00 horas á Misa do Peregrino e a continuación realizaron unha visita á Catedral de Santiago, amosando o seu respaldo á celebración do Ano Santo Xacobeo.
Este encontro prodúcese co gallo do primeiro aniversario da toma de posesión de ambas as dúas presidentas.
Saúdos, Gabinete de Comunicación