saltar ao contido

O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio en memoria dos falecidos hoxe nun accidente aéreo en Santiago

Santiago, 2 de agosto de 2012.- O Pleno do Parlamento de Galicia gardou hoxe un minuto de silencio en memoria de Alejandro Bueno e Daniel Fernández, falecidos esta mañá no accidente dunha avioneta que se estrelou nas inmediacións do aeroporto de Lavacolla, cando se dispoñían a tomar terra.
“Para eles, que traballaban por salvar a vida aos demais, o noso recordo”, afirmou a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo. O aparato siniestrado prestaba servizo para a Organización Nacional de Transplantes.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina