• Pilar Rojo avanza que Parlamento e Concello de Santiago seguirán mantendo unhas “excepcionais” relacións institucionais
Santiago, 2 de maio de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía ao alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás Fernández, que iniciou deste xeito, na Cámara galega, unha rolda de visitas institucionais.
Ao remate do encontro, e en declaracións aos xornalistas, Pilar Rojo, agradeceu que a primeira visita institucional do rexedor sexa a que hoxe efectuou ao Parlamento de Galicia.
A presidenta da Cámara amosouse convencida de que as dúas institucions seguirán a manter, como fixeron ata o de agora, unhas “excepcionais” relacións. Ao seu xuízo, a colaboración e as boas relacions entre institucións non só son obligatorias, senón que é o que os cidadáns piden e agradecen.
A presidenta do Parlamento valorou tamén a traxectoria de Ángel Currás, o que a levou a adiantar que “será un gran alcalde”.