saltar ao contido

Santalices pon en valor a calidade da obra pictórica de Moncho Borrajo

Exposición 30/09/2016

• “A enorme potencia artística do Moncho Borrajo humorista limitou a proxección do Moncho Borrajo pintor”, afirmou ao presentar ao polifacético creador ourensán no Círculo de Empresarios de Vigo
 
Santiago, 30 de setembro de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, afirmou esta noite, que “a enorme potencia artística do Moncho Borrajo humorista limitou a proxección do Moncho Borrajo pintor, tan notable como o primeiro”. Santalices efectuaba estas reflexións no Círculo de Empresarios de Galicia, onde foi o encargado de falar sobre a traxectoria pictórica de Moncho Borrajo ante os socios da entidade logo da inauguración da exposición titulada “Toda una vida”, que amosa obras deste autor, natural de Baños de Molgas (Ourense).
 
O presidente da Cámara subliñou o talento creativo e a personalidade poliédrica de Moncho Borrajo, ao que, hai anos, mesmo Laxeiro animara a dedicarse á pintura.
 
Da obra pictórica de Moncho Borrajo, Miguel Santalices destacou o seu dominio do debuxo e da cor, cualidades que a converten en “paradigma de atemporalidade, sen que por elo perda actualidade”.
 
“Estou seguro de que as xeracións que nos sucedan –afirmou Santalices Vieira- recordarán a Moncho Borajo tamén, e por méritos propios, como un dos grandes artistas plásticos dos nosos días”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina