saltar ao contido

Lexisla con Nós

Proxecto de lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde. (11/PL-000015)

Proxecto de lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde

Opinións

1 - Escrito por Anxo o 22/09/2022 14:46

Tras ler o proxecto de lei e tras a miña experiencia laboral como facultativo especialista de área no Servizo Galego de Saúde, quería realizar unha observación: -Tendo en conta que no artigo 1.a enuméranse como distritos de difícil cobertura hospitalaria as correspondentes a todos os hospitais comarcais galegos sen excepción, como se xustifica a exclusión dos distritos da Barbanza e o Salnés no artigo 4. Na exposición de motivos da lei non se describen as razóns destas excepcións. -A igualdade de condicións laborais, o feito de que a experiencia laboral conte o triplo nuns hospitais comarcais e non noutros con semellantes problemas de cobertura, non provocará unha transferencia de profesionais cara os hospitais enumerados no artigo 4, deixando sen cobertura os hospitais da Barbanza e O Salnés?

Engadir unha opinion

Cubra os campos do formulario e prema no botón enviar.

Os campos con * son obrigatorios.

* Aviso: Tras premer no botón Enviar se lle vai a enviar un correo electrónico cun enlace. Ata que non prema no enlace non se da por completada e rexistrada a solicitude.

saltar ao pe de páxina