Nacemento: Verín - 1988
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 45
Biografía:
Técnico superior en Administración e Finanzas. Titulado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo, presentando, como proxecto final, a investigación Xestión da diversidade, xénero e igualdade. O caso dos Centros Tecnolóxicos Galegos.
Durante os anos da Universidade exerceu de responsable do campus de Ourense da Organización Estudantil Comités. Foi membro da Xunta de Facultade e do Claustro da Universidade de Vigo.
Formou parte da Dirección Nacional de Galiza Nova e dende 2013 fai parte do Consello Nacional do BNG.
Concelleiro do BNG en Verín de 2011 a 2015. Nas eleccións municipais de 2015 foi o cabeza de lista do BNG en Verín e entra no goberno municipal como 1º tenente de alcalde e portavoz do Goberno do Concello de Verín, cargos que revalida nas eleccións municipais de 2019 e 2023.