Nacemento: Oleiros - 1993
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
É graduado en Dereito pola Universidade da Coruña, cun mestrado de Acceso á Avogacía e posgrao de Especialista en Xerencia de Riscos e Seguros (grupo B).
Realizou prácticas no Consorcio de Compensación de Seguros e foi bolseiro nun despacho multidisciplinar de avogados.
Traballou no Reino Unido, onde desempeñou labores en diversos ámbitos nos sectores da hostalaría e inmobiliario.
Foi asesor no Gabinete da Consellería do Medio Rural.
Como estudos complementarios, fixo cursos de inmersión lingüística no Reino Unido e cursos teóricos formativos do Consello da Avogacía Galega sobre dereito de estranxeiría (2019), protección de datos (2019) e atención xurídica a vítimas de violencia de xénero (2020).
No eido político, preside as Novas Xeracións do PP de Galicia desde 2017.