saltar ao contido

Luis Manuel Álvarez Martínez

Nacemento: O Franco (Asturias) - 1963

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Lugo
Lugo

Biografía:

Licenciouse en Ciencias Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1986. Tamén ten un máster universitario en Dirección pública, políticas públicas e tributación pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

É funcionario dos corpos de profesores de educación secundaria e de inspectores de educación.

No ano 1986 inicia a súa actividade docente como profesor de educación secundaria da especialidade de matemáticas, impartindo clases en institutos de educación secundaria de Tineo (Principado de Asturias), Betanzos, Chantada e Ribadeo.

No ano 1997 incorpórase como inspector de educación na Delegación Provincial da Consellería de Educación na provincia de Lugo. Foi tamén inspector xefe de educación na mesma provincia.

No ano 2007 foi nomeado delegado provincial da Consellería de Educación na provincia de Lugo. Desempeñou ese cargo ata o ano 2009.

No ano 2011 foi elixido concelleiro no Concello de Lugo, sendo tenente de alcalde de José Clemente López Orozco e voceiro do goberno municipal. Foi concelleiro delegado de urbanismo e medio ambiente.

No ano 2016 incorpórase ao Parlamento de Galicia logo de ser elixido na lista presentada polo PSdG-PSOE na provincia de Lugo. Foi vicevoceiro do Grupo Parlamentario Socialista e voceiro de educación e infraestruturas durante a X lexislatura.

No ano 2020 volve ser elixido como parlamentario pola provincia de Lugo, sendo vicevoceiro do grupo parlamentario e voceiro de educación e vivenda.

Dende o 15 de xaneiro de 2022 é voceiro do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE.

Imaxe de Luis Manuel Álvarez Martínez

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Novembro de 2023
Luns
20
10:00
Martes
21
10:00
Mércores
22
10:00

Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Novembro de 2023
Venres
03
10:05
saltar ao pe de páxina